Hosting por logo-color-grande

sinopse

1969: Nieves Lusquiños entra a traballar na fábrica de louza «Pontesa» aos 14 anos. Lembra o primeiro sobre coa paga semanal, un sobre beis, non moi grande que tén que entregar na casa pero que a fai sentirse importante.

Aos 18 estrea vacacións co seu Diane6 amarelo e descapotábel, estrea reunións prohibidas, os gintonic en «Flope»… até que un día o patrón deixa de pagar. Traballar sen cobrar? Iso nin fala. Non traballedes gratis, por favor. A la mierda!, exclama Nieves.

O Grupo de Empresas Álvarez, ao que pertence A Pontesa, referencia na que se engarza Nación, pecha
en 2001 sen pagar salarios e indemnizacións. A inmobiliaria Subel adquire parte dos terreos das fábricas pero incumpre os acordos coas traballadoras que lle reclaman, desde hai anos, 2,5 millóns de euros.

O 28 de xaneiro de 2020 o xuízo ficou «visto para sentenza».