Hosting por logo-color-grande

Por qué apoyar a Nación en los Goya

Nación, film de no ficción que estuvo cinco semanas ininterrumpidas en salas comerciales de toda España y en el puesto 26 de las más vistas en el año 2021 (datos ICAA) puede ahora llegar a los Goya

Nación es un apelícula impresincindible. Aquí dejamos el resumen de méritos al que hay que añadir el último: el premio a la crítica de Galicia este mes de noviembre en su 44ªedición:

22 salas comerciales de cine en 18 ciudades españolas ofertaron, a partir del 26 de marzo del 2021,  NACIÓN, un documental con el distintintivo especialmente recomendado para el Fomento de la Igualdad de Género” otorgado por el ICAA, que se presenta por primera vez en el  Festival de Cine Europeo de Sevilla-2020 donde obtiene el Premio a la Mejor  Dirección de Película española, seguido del premio en la 34 edición de Cineuropa y del Mestre Mateo  como “Mellor documental-2020”.

Seleccionado en diferentes festivales como  Márgenes-2020, Festival de Cine español de Toulouse-2021 y el  Festival Cine por Mujeres-2021;  en muestras como Espanoramas (República Argentina) o el Galician  Film Forum (UK) además de  Mirades, cicle de cinema intercultural de Menorca, Ibértigo – Muestra de cine iberoamericano de Las Palmas,  Los trabajos y las noches (Logroño),  XVI Muestra de cine documental  (Universidad de Burgos-Cultura), Muestra de Cine Social de Sama de Langreo, II Muestra Cinemas no parque en Santiago de Compostela o la semana de Cinema Oculto de Cangas,  NACIÓN se proyecta en diferentes locales de referencia como Cineteca, CGAI, Laboral, Tabakalera  o Sala Albéniz de Málaga, organizado por la Unión de Cineastas y es  acompañada  tanto por la crítica especializada como por comentarios en secciones culturales de  diferentes medios (ver enlaces).

Con 3500 personas espectadoras en sala  (a pesar de las limitaciones impuestas por la pandemia) y un número equivalente en más de una veintena de proyecciones en diferentes sesiones,  NACIÓN  continúa  programándose.  Este es  el mejor homenaje a las extrabajadoras de  la fábrica Pontesa que al relatar  su experiencia  hablan de nosotras.

Margarita Ledo gaña o premio da crítica por Nación

Margarita Ledo Andión. catedrática en comunicación audiovisual e directora e guionista de Nación consegue unha nova distinción por Nación. Os premios da crítica de Galiza, na súa 44 edición, outorgaron nas artes audiovisuais e da comunicación a Margarita Ledo e Nación.

O premio recolleuno Mónica Camaño, actrix protagonista do filme e coguionista na secuencia final ao atoparse a directora de cine no Festival de Sevilla.

Desde Nós, salientar que este premio súmase aos moitos recoñecementos que este ano foron dados a Margarita e ao filme Nación.

Nación no mes de maio

Despois de 5 semanas en salas cinematográficas e de recibir o último premio (Mestre Mateo a mellor documental), Nación percorre novos camiños en festivais e pases especiais ao longo de Europa.

Amosamos neste cartel un resumo do que depara o mes de maio para un filme que, a súa directora, pensou “como un filme que se insere na primavera para o cinema en lingua galega, como un filme que nos libere dos medos

Lugares onde ver Nación

‘Nación’ de Margarita Ledo Andión convértese na estrea independente con mellor media por copia

Nación dirixida por Margarita Ledo Andión estrenouse a pasada fin de semana con 13 copias en Galiza e o Estado, converténdose na mellor estrea independiente e acadando a mellor media por copia en todo o territorio. O filme chegou ás salas de Madrid, Barcelona, Lleida, A Coruña, Caldas, Ferrol, Lugo, Marín, Pontevedra, Santiago e Vigo con moi boa acollida por parte de crítica e público. Nación continuará nos cinemas durante toda a Semana Santa con presentacións especiais e coloquios nalgunhas das sesións.

Nación conta con dúas candidaturas finalistas nos Premios Mestre Mateo da Academia Galega do Audiovisual nas categorías de mellor filme documental e mellor música orixinal, composta por Mercedes Peón. Os premios entregaranse nunha gala presencial o próximo 10 de abril na Coruña.

En palabras de Margarita Ledo Andión “Nación é un filme de mulleres, de mulleres traballadoras que soñan con voltar á fábrica. É un filme feminista, da experiencia da sororidade. Un filme para apagar a escuridade, a noite e neboeiro que velou o corpo, os dereitos, o sonriso e o desexo das mulleres. Un filme de clase, das traballadoras de Pontesa, de Odosa, de Regojo, de todas as que nos representan, mulleres valentes que ensinan os dentes. Nós vimos delas“.

Nación estrearase nas salas o 26 de Marzo!

Nación, o filme producido por Nós e dirixido por Margarita Ledo será estreado nas salas do país o 26 de marzo. Ademais tamén estará nas salas en Madrid, Barcelona, Málaga, Bilbao

Nación, o filme que vén de recibir o premio á mellor dirección español no Festival de Sevilla, vén precedido de inmellorábeis críticas na prensa especializada. Agora, por fin poderedes velo e sentir a historia dunha nación con voz de muller. Para iso foi preciso que demoraramos a estrea do 5 de marzo por cuestións sanitarias e que se faga o 26 do mesmo mes, onde xa mita xente de risco estará vacinada e onde se pode acudir ao cinema, coma sempre, nas mellores considicións e garantías de seguridade.

Anotamentos desde a produción

Eva, Nieves, Lauriña, Nut, Heydi, Lela, Ester, Carmen, Xoana, Mónica… a sorte de Nación e a súa futura estrea é a luz destas mulleres, mulleres que sobordan a cerca, varias xeracións unidas cun fin que son moitos pero que mantén unha idea colectiva no pasado , presente e futuro : ser cidadás de plenos dereitos.

Un filme de Non Ficción que se estreará en salas comerciais de todas as cidades agora no 2021. A data escollida sempre foi o 5 de marzo, efemérides do 8M.  Esperamos que esta pandemia que o invade todo nolo permita.

Un filme con actrices profesionais e non profesionais que contan historias reais sempre desde a ficción, que se mesturan sen saber que parte é real é que parte non.

Un filme documentalonde cada arquivo, cada material escollido, cada segundo ten relación co resto do filme. Un traballo de documentación de moitos anos da súa autora e  que levaría ao guión definitivo de Margarita Ledo.

Unha directora e guionista que fai cinema militante, que crea películas co fin de que perduren, é de crer firmemente que o cine é unha arte que vai máis alá das emocións, que busca deixar pegada e transmitir  mensaxe.

Unha mensaxe empoderadora, unha historia que acontece unha e outra vez na vida real pero que poucas veces se conta desde o punto de vista das mulleres. Unha loita de clases e de xénero, unha historia dentro de moitas historias.

Un reparto de luxo, Mónica Camaño , actriz que sae en todos os filmes de Margarita Ledo e que colabora nunha parte do guión e Mónica de Nut, que xogan ao real e a ficción coas mulleres da fábrica Pontesa. Mulleres, as da Pontesa, que se estrean no traballo de actrices de maneira excepcional, con moita  preparación e tempos vividos coa directora, unha demostración de profesionalidade das ex-traballadoras dunha fábrica que pechou, como tantas outras, deixando a deber indemnizacións e salarios. Mulleres que sobordaron a cerca e que agora se fan actrices.

Unha Música e un tratamento de son impresicndíbeis para o filme. Mercedes Peón é arte e vese neste filme. Ledo e Peón traballan xuntas, cren a unha na outra, transmiten o mesmo en diferentes eidos, fanse únicas, máis unha vez, cando o fan xuntas. 

O exemplo de que todos os elementos son necesarios para que un filme fique na memoria e na historia.

Unha produción traballada, coidada, con voz de muller (tamén)onde todos os escenarios son en lugares reais, por todo o país: unha illa na costa da Morte, unha granxa e unha Fraga na Terra Chá, cerámicas do Castro en Sada, rega do Millo en Noalla (Salnés) e un Soutomaior e Pontevedra que son o escenario real do acontecido na Pontesa. Unha fábrica gravada por primeira vez desde o peche e onde até daquela tiñan prohibido entrar as mulleres que traballaron nela. Unha equipa que percorreu un país e que o fixo crendo nunha historia, nunha película necesaria. Un traballo de produción no que a profesionalidade, o corazón, os imprevistos solvéntanse porque todo ten que saír ben nos tempos marcados, nos sets que se movían cada día polo país. Un filme que lle foi outorgado o distintivo do ICAA de “fomento de la Igualdad de Género”

Unha directora e guionista, unha cineasta que vai alén do cine, que conseguiu neste traballo premio á mellor dirección en Sevilla e coincidiu co premio Cineuropa á súa carreira, que mestura todo o seu coñecemento audiovisual para sacar un proxecto colectivo. Unha sorte contar con ela e a súa confianza no que fai e, tamén, na equipa coa que traballa, maioría mulleres e referentes xa do cinema como Anxos Fazáns, Silvia Fuentes… filme onde o feminino o cubre todo. Algunha excepción: un director de fotografía, Alberte Branco, que traballa desde a experiencia e nunha película que o alonxa das marxes do convencional, con materiais diferentes pero que teñen nesta ocasión que encadrar.

Unha montaxe excepcional, cun Marcos Flórez na dirección desta etapa e unha posprodución de Son que suma, que envolve sempre á mellor imaxe, o mellor plano, a mellor secuencia, o mellor material de arquivo.

E unha esfinxe, Eva Veiga a poeta, con ela comeza unha “Nación” de mulleres libres. E xa por último, dicirvos que estreamos en marzo, ide ás salas. 

Desexando falarvos dela, que faledes dela. De momento nada de spoilers pero…  permitídeme que o diga, agora que chegastes ao final porque quizais eu non debería facelo mais así o sinto e así reafirmo o pensamento: Margarita é unha das imprescindíbeis, imprescindíbeis dunha Nación que precisa de moito traballo, de avanzar moitos camiños e de que o cinema tamén estea preparado para sobordar a cerca. E niso, agora vou ao que me toca, de todos os mundos nos que vivo e constrúo que puidera participar co meu traballo nunha produción no que se mesturan tantas cousas que o fan especial é sempre un orgullo, facelo desde a humildade pero coa cabeza alta de saber do esforzo que supón un filme de baixo orzamento pero que está feito desde a calidade e desde a memoria que aposta polo futuro é unha sorte que che leva a querer seguir camiñando e abrindo paso. 

 Olaia

Discurso da directora Margarita Ledo no premio CINEUROPA 2020

Agradezo e recibo este tributo  nun lugar, no Teatro Principal ,  onde estades o público que sempre mirou a primeira proxección das miñas películas. Aquel que ,en 2004, cando presentaba SL, escoitoume   citar a Gil de Carvalho, un poeta portugués que califica a literatura chinesa como unha mistura de poesía, documento  e reflexión históricamentres expresaba que era o cinema que quero facer, o  que me trouxo ate NACION,  unha película de “mulleres valentes que amosan os dentes” .  Síntome honrada de que  vola presente CINEUROPA, un festival que acolleu e aloumiñou o cinema en lingua galega,  o que nos une cas cinematografías independentes, diferentes, situadas, que sobordan a cerca.

Acompáñame Mercedes Peón, a creadora desa banda son que respira con toda a película; e tamén unha parte do equipo que traballou na produción e na posprodución do filme -Anxos, Berti, Marcos , Olaia…  ou Monica de Nut, Xoana Pintos, Mónica Camaño… as actrices. E está connosco Nieves Lusquiños, a traballadora da Pontesa que nos leva canda ela da man por NACION. 

So busco un sitio onde pousar a cabeça, este aceno tan simple, deixar que o teu corpo se conecte con outro corpo é o verso de MAPina que terma do filme. Porque en cada peza de arquivo,   en cada secuencia, en cada unha das personaxes   resoan todas as outras e latexan ecos do cinema feminista,   non porque a película a faga  unha muller  ou o seu tema sexan as mulleres, senón por unha política de mise-en-scène que sitúa na cerna a experiencia das traballadoras dun mundo que se chama  A Pontesa a se conectar con sinais que, dende a noite dos tempo,  nos explican.  Desafiamos os límites coa voz, co recordo, co corpo, cos vestixios, co son, con todo o que fora borrado…  a través da construción de imaxes que  liberan. Para saber cómpre imaxinar e  Imaxinar o porvir, tamén do cinema,  precisa da memoria,  do corpo en movemento, da reivindicación  de clase que se inscribe nesta obra.

A esfinxe, esa  figura mitolóxica tan temida, dínolo   a comén do filme:  … apagar a escuridade. Para ver pasar  esa estrela filante mentres ollas para o ceo negro, a pantalla, que se ilumina  para ti, por un instante. 

O filme “Nación” de Margarita Ledo consegue un novo distintivo por promover “a igualdade de xénero” no seu filme

“Nación” de Margarita Ledo e producida pola produtora Nós, vén de conseguir o distintivo “especialmente recomendado para el fomento de la igualdad de género” que outorga o Instituto de la cinematografía y Artes Audiovisuales (ICAA) para as películas que se van distribuír comercialmente en salas.


O filme vén de recibir outro premio na súa estrea mundial no Festival Internacional de Cine Europeo de Sevilla, o da mellor dirección espaola dun filme no SEFF e agora están atraballar o plan de lanzamento coa distribuídora.
Desta maneira, o filme ten pensado estrearse a principios de marzo para que coincida co 8 de marzo, día adicado á muller traballadora “desexando que poida chegar ao público e ver a resposta” afirma Ledo. Desde a produtora saben que a cultura é segura e apuntan que o cinema moito “entre outras cousas porque vendo un filme non falas e miras á fronte” responde Margarita Ledo, directora do filme que xa gañou o premio á mellor dirección española no Festival de Cine Europeo de Sevilla.

O xurado da 17 edición do Festival de Sevilla outorga á directora Margarita Ledo o premio especial á mellor dirección dun filme estatal.

O filme “Nación” estreouse por vez primeira no festival de cine de Sevilla e vén de conseguir o premio á mellor dirección española. As circunstancias derivadas da Pandemia fixo que Margarita Ledo e a equipa que a ía acompañar non puideran viaxar. 

“Nación” é un filme que fala daquelas mulleres galegas que descubriron a importancia de ter dereitos e defendelos “a xeración de mulleres precursoras das mobilizacións masivas de hoxe o 8 de marzo, o filme fala do que tardamos as mulleres en ter dereitos e a posibilidade de ser independentes” indica Margarita Ledo. O filme non só fala desa historia se non que nos sitúa no presente e as consecuencias daquela loita todavía inconclusa dunha maneira maxistral. “Nieves, Lauriña, Nut,, Heidi, Lela, Ester, Carmen, Mónica, Xoana… sinto este premio coma un recoñecemento a todas as persoas para as que o cinema é “un lugar onde posar a cabeça”” declarou Margarita Ledo esta mañá cando lle deron o premio.

Margarita Ledo non só dirixe este filme se non que é a encargada do guión e da búsqueda de arquivos que aparecen en “Nación”  que se estreou en Sevilla cunha moi boa resposta do público e da crítica. A directora do filme ía estar acompañada en Sevilla polas actrices Mónica Camaño, Mónica de Nut e Nieves Lusquiños (muller extraballadora da Pontesa e protagonista de “Nación”) e a equipa de produción do filme pero a pandemia derivada do Covid fixo que a presenza da directora fose telemática. O festival de cine europeo realizouse, a pesar das circunstancias, cunha moi boa organización e , o xurado que alí se atopa, decidiu otorgarlle o premio á mellor dirección española a Margarita Ledo nesta longametraxe de non ficción . “ En Nación a poética emana da presenza da esfinxe: “apagar a escuridade” di. Neste momento este recoñecemento é a súa pedra angular” declara unha directora, Margarita Ledo, que xa é a mellor directora no Festival de Sevilla.

“Estamos moi orgullosas do filme e sabemos que isto acaba de comezar. Foi un traballo de anos de Margarita e este premio vén confirmar o bo facer da directora e tamén da aposta da produtora Nós por filmes que contan historias de aquí e na nosa lingua propia” indican desde Nós, produtora cinematográfica galega na cuarta longametraxe que producen á directora de “Nación”.

Loureiro outorgado a Margarita Ledo no SEFF (Seville European FIlm Festival)