‘Nación’ de Margarita Ledo Andión convértese na estrea independente con mellor media por copia

Nación dirixida por Margarita Ledo Andión estrenouse a pasada fin de semana con 13 copias en Galiza e o Estado, converténdose na mellor estrea independiente e acadando a mellor media por copia en todo o territorio. O filme chegou ás salas de Madrid, Barcelona, Lleida, A Coruña, Caldas, Ferrol, Lugo, Marín, Pontevedra, Santiago e Vigo con moi boa acollida por parte de crítica e público. Nación continuará nos cinemas durante toda a Semana Santa con presentacións especiais e coloquios nalgunhas das sesións.

Nación conta con dúas candidaturas finalistas nos Premios Mestre Mateo da Academia Galega do Audiovisual nas categorías de mellor filme documental e mellor música orixinal, composta por Mercedes Peón. Os premios entregaranse nunha gala presencial o próximo 10 de abril na Coruña.

En palabras de Margarita Ledo Andión “Nación é un filme de mulleres, de mulleres traballadoras que soñan con voltar á fábrica. É un filme feminista, da experiencia da sororidade. Un filme para apagar a escuridade, a noite e neboeiro que velou o corpo, os dereitos, o sonriso e o desexo das mulleres. Un filme de clase, das traballadoras de Pontesa, de Odosa, de Regojo, de todas as que nos representan, mulleres valentes que ensinan os dentes. Nós vimos delas“.