Hosting por logo-color-grande
Hosting por dinahosting.

O xurado da 17 edición do Festival de Sevilla outorga á directora Margarita Ledo o premio especial á mellor dirección dun filme estatal.

O filme “Nación” estreouse por vez primeira no festival de cine de Sevilla e vén de conseguir o premio á mellor dirección española. As circunstancias derivadas da Pandemia fixo que Margarita Ledo e a equipa que a ía acompañar non puideran viaxar. 

“Nación” é un filme que fala daquelas mulleres galegas que descubriron a importancia de ter dereitos e defendelos “a xeración de mulleres precursoras das mobilizacións masivas de hoxe o 8 de marzo, o filme fala do que tardamos as mulleres en ter dereitos e a posibilidade de ser independentes” indica Margarita Ledo. O filme non só fala desa historia se non que nos sitúa no presente e as consecuencias daquela loita todavía inconclusa dunha maneira maxistral. “Nieves, Lauriña, Nut,, Heidi, Lela, Ester, Carmen, Mónica, Xoana… sinto este premio coma un recoñecemento a todas as persoas para as que o cinema é “un lugar onde posar a cabeça”” declarou Margarita Ledo esta mañá cando lle deron o premio.

Margarita Ledo non só dirixe este filme se non que é a encargada do guión e da búsqueda de arquivos que aparecen en “Nación”  que se estreou en Sevilla cunha moi boa resposta do público e da crítica. A directora do filme ía estar acompañada en Sevilla polas actrices Mónica Camaño, Mónica de Nut e Nieves Lusquiños (muller extraballadora da Pontesa e protagonista de “Nación”) e a equipa de produción do filme pero a pandemia derivada do Covid fixo que a presenza da directora fose telemática. O festival de cine europeo realizouse, a pesar das circunstancias, cunha moi boa organización e , o xurado que alí se atopa, decidiu otorgarlle o premio á mellor dirección española a Margarita Ledo nesta longametraxe de non ficción . “ En Nación a poética emana da presenza da esfinxe: “apagar a escuridade” di. Neste momento este recoñecemento é a súa pedra angular” declara unha directora, Margarita Ledo, que xa é a mellor directora no Festival de Sevilla.

“Estamos moi orgullosas do filme e sabemos que isto acaba de comezar. Foi un traballo de anos de Margarita e este premio vén confirmar o bo facer da directora e tamén da aposta da produtora Nós por filmes que contan historias de aquí e na nosa lingua propia” indican desde Nós, produtora cinematográfica galega na cuarta longametraxe que producen á directora de “Nación”.

Loureiro outorgado a Margarita Ledo no SEFF (Seville European FIlm Festival)