Hosting por logo-color-grande
Hosting por dinahosting.

O Martes 10 estréase o Filme Nación no SEFF

O festival de Sevilla (Seville European Film Festival) acolle o filme de Margarita Ledo “Nación” e poderá verse nunha sala por vez primeira, despois chegará a Galiza a través de Cineuropa e o concello de Pontevedra proxectará a obra o 20 de Novembro no seu mes da memoria.

O filme de Ledo está a ter moi boas críticas e traballan para que se estree en salas comerciais no 2021 arredor do 8 de marzo.